Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a experiencia de navegación das persoas usuarias. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

I Xuntanza Mariñeira Mar de Cabo

 

2 e 3 de setembro 2022

Gamela Cabo de Cruz organiza a I Xuntanza Mariñeira Mar de Cabo, ao redor das embarcacións tradicionais e a cultura marítima.

A Asociación Cultural A Gamela organizou un encontro sobre embarcacións tradicionais e cultura marítima os días 2 e 3 de setembro de 2022 en Cabo da Cruz. Este evento formou parte do continuo traballo da asociación para preservar e valorizar o patrimonio marítimo, destacando fitos anteriores como a organización do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia e a recuperación de embarcacións históricas como as gamelas "Esperanza Libertade", "Nova Esperanza" e a buceta "Pialla".

O programa do encontro incluíu a recepción de embarcacións, a presentación da revista "Nova Ardentía", concertos, unha regata en homenaxe ás bucetas, navegacións, un vermú con música e poesía, obradoiros sobre nós mariñeiros e xogos tradicionais, e culminou cunha paella e unha foliada amenizada por música tradicional. No evento participaron embarcacións e asociacións de diversas localidades galegas, como O Grove, A Illa de Arousa, Ribeira e a Serra de Outes.


PROGRAMA

Venres 2

18:00h. RECEPCIÓN DAS EMBARCACIÓNS PARTICIPANTES
Porto Náutico de Cabo da Cruz

20.00h. PRESENTACIÓN DA REVISTA ” NOVA ARDENTÍA ” Nº 14
Mesón Abadía de San Enrique, na que participan:

  • Gerardo Triñanes
  • Emilio Xosé Insua
  • Antón Mascato
  • Manuel Lara
  • Isolina Lorenzo
  • María Outeiral _ Concelleira de Cultura do Concello de Boiro, administración colaboradora.

22:00 CONCERTO: “BOROA “
No Mesón Abadía de San Enrique

Sábado 3

11:00 HOMENAXE ÁS BUCETAS
_Regata de bucetas a remos
_Navegación libre “Proa á Bensa”

14:00 VERMÚ NA BATEA
Vermú amenizado por grupo tradicional e coa participación do poeta e mariñeiro Xosé Iglesias

18:00 MARIÑEIRA DA POPULAR
No clube de Remo do Cabo da Cruz

  • Obradoiro de nós mariñeiros
  • Exposición en seco das gamelas da asociación: “Esperanza Libertade” e “Nova Esperanza”
  • Obradoiro para a rapazada “Largando por couso”: “Aparellamento das gamelas e izado de velas”
  • Xogos tradicionais


21:00 PAELLA E FOLIADA
De mans do gran mestre paelleiro “Ollero” e os seus fieis colaboradores, mestres paelleiros: Xocas, Parada e Valente.
Música tradicional a cargo do grupo Nunca é Tarde.

22:00 CONCERTO: “BLUES DO PAÍS”

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar